O II Imperio de Napoleón III: autoritarismo e liberalización en Francia (1852-1870)
O II Imperio francés (1852-1870)
Despois da revolución de 1848, Francia converteuse nunha gran potencia económica e colonial que evolucionou dunha monarquía a unha república.
2.1 O II Imperio: 1852-1870
Luis Napoleón Bonaparte, sobriño de Napoleón, foi presidente da República francesa tras a revolución de 1848. O seu goberno foi autoritario, pois convocou un plebiscito (consulta) para unha nova constitución que lle outorgaba plenos poderes: executivo con nomeamento de ministros, executores das súas ordes, iniciativa lexislativa, nomeaba membros de dúas cámaras e declaración de guerra.
No ano 1852 proclamou o II Imperio e intitulouse emperador co nome de Napoleón III.
Primeira etapa: o Imperio autoritario (1852-1860)
A primeira etapa deste II Imperio caracterizouse polo autoritarismo, a defensa da orde e da autoridade: perseguiu a oposición, censurou a prensa e controlou as reunións e a propaganda electoral. Tivo o apoio da Igrexa católica. O poder concentrábase nel, pero a lexitimidade procedía do pobo (bonapartismo).
Segunda etapa: o Imperio liberal (1860-1870)
A segunda etapa (1860-1870) denominouse Imperio liberal, pois perdeu o apoio dos católicos polo seu papel na unidade italiana, a oposición organizouse e rexurdiu o movemento obreiro. Tivo que tomar medidas liberalizadoras: amnistía para delitos políticos, dereitos de folga e de asociación (permitindo a AIT), ensino público e maiores poderes para as cámaras lexislativas.
Ainda que gañou o plebiscito para ratificar as súas reformas, o enfrontamento con Prusia e a posterior derrota provocaron a súa caída.