Rexeneracionismo e Afonso XIII: Crise do Sistema Canovista (1902-1916)

Francès3,55 KB

Durante o período comprendido entre o desastre de 1898 e o inicio do reinado persoal de Afonso XIII, a sociedade española viviu un intenso debate sobre as causas da súa decadencia. Entre as causas máis destacadas figuraban o escaso e deficiente desenvolvemento dos recursos económicos. Para mellorar o país cumpría rexenerar o Estado e reforzar a estrutura produtiva.

O máis destacado representante das ideas rexeneracionistas foi Xaquín Costa. Ao longo dos seus escritos e da súa actuación persoal, defendeu un amplo programa renovador. O seu programa resúmese no seu lema: Escola e despensa. Programa de goberno: dar de comer ao famento, dar de beber ao sedento, ensinar a quen non sabe, redimir ao cativo. O sedento é a terra; ao famento dez e sete millóns de españois; o ignorante a nación en todas as clases; o cativo os labregos, servos do fisco, da administración e do cacique.

Así mesmo, a fortaleza que mantiña o caciquismo levouno a xustificar a necesidade de contar cun ciruxán de ferro, é dicir, cun gobernante que actuase de forma autoritaria, pero de forma temporal, para reconducir o país e acabar cos seus profundos males. As súas propostas renovadoras tiveron grande influencia sobre a opinión pública e os políticos.

O reinado de Afonso XIII: inicios e propostas de reforma (1902-1916)

En maio de 1902, con 16 anos, iniciou o reinado persoal Afonso XIII. O novo rei mostraba unha forte inclinación por intervir nos asuntos políticos e, en moitos casos, as súas iniciativas persoais, aínda que dentro do marco da Constitución de 1876, excederon a práctica política que se esperaba dun rei constitucional, e non sempre foron afortunadas, especialmente aquelas que tiñan relación co exército, do que era un grande entusiasta.

Durante o reinado de Afonso XIII produciuse a progresiva desarticulación do sistema canovista da Restauración borbónica, debido aos seguintes factores:

  • Excesivas, e moitas veces pouco afortunadas, intervencións do monarca en asuntos políticos e militares.
  • Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos: o Conservador e o Liberal, tras a desaparición de Cánovas e Sagasta.
  • Crecente papel do exército na vida política, en defensa dos seus intereses corporativos e desde posturas cada vez máis conservadoras e autoritarias. En 1905, o Goberno non se atreve a castigar a uns oficiais da guarnición de Barcelona que asaltaran varias redaccións de prensa, nas que se defendía o cantonalismo e se criticaba ao exército. Deste modo, o poder militar impúxose ao poder civil ao conseguir, co consentimento do rei, a aprobación da Lei de xurisdiccións de 1906, pola que se sometía a código militar o xuízo de delitos de opinión e obra contra a unidade da patria e contra o exército.
  • Mantemento da fraude electoral e do caciquismo, cada vez máis insoportable para a opinión pública.
  • Crecente contestación política ao sistema por parte das clases medias urbanas, que apoiaron aos republicanos e nacionalistas e lograron un maior control do poder municipal nos concellos, rompendo o monopolio dos partidos dinásticos.
  • Aumento da conflitividade social, debido ás difíciles condicións de vida e traballo das masas populares nos inicios da industrialización, xunto coa dura represión exercida pola patronal e polo Goberno ás súas demandas.
  • Atentados anarquistas, moi frecuentes, que alcanzaron tanto ao rei e aos xefes de Goberno como a empresarios e eclesiásticos.

Descarregar

PDF Word HTML