Guía Completa de Gramática, Textos e Historia do Galego
Tipoloxía Textual
Texto expositivo
Texto expositivo: informa sobre un determinado tema con claridade e obxectividade: conferencias, libros de texto, artigos xornalísticos, apuntamentos…
Tipos:
- Divulgativos: dirixidos a un amplo sector de público, non esixen coñecemento previo sobre o tema.
- Especializados: teñen un grao de dificultade, esixen coñecementos previos sobre o tema (informes doutorais, maxistrais…).
Estrutura: introdución – desenvolvemento ou explicación – conclusión ou resumo.
Texto argumentativo
Texto argumentativo: defende unha opinión con argumentos e probas, procura convencer o lector: artigos de opinión, debates…
Estrutura:
- Sintetizante: expón datos ou ideas para chegar á determinación do tema.
- Analizante: formula o tema e logo o desenvolve con datos ou ideas.
- Encadra: presenta ao principio o tema que se desenvolverá ao longo do texto e remata cunha conclusión.
Tipos de argumentos:
- De autoridade: recórrese á opinión dos especialistas.
- Con exemplos: probas que dan credibilidade ao argumento.
- De analoxía: comparación entre a idea defendida e outro feito.
Texto narrativo
Texto narrativo: relata feitos e acontecementos sucedidos ao longo do tempo.
Trazos lingüísticos: predominio da categoría verbal (verbos de acción e proceso). Os tempos verbais predominantes son o pretérito e o antepretérito, predominio de adverbios e expresións temporais. Poden ter distintos ritmos: lento (oracións longas e predominio da subordinación) ou rápido (oracións breves e predominio da coordinación).
Estrutura: introdución – nó – desenlace (ordenación cronolóxica) ----- in media res (comeza no medio, conta acontecementos anteriores e posteriores) ----- flash-back (comeza polo final e volta ao comezo).
Narrador:
- Omnisciente: en 3ª persoa, coñece todo o que sucede.
- Protagonista: en 1ª persoa, conta a historia desde dentro.
- Testemuña: en 1ª ou 3ª persoa, conta o que ve.
Personaxes:
- Principais / secundarios: en función da participación.
- Planos / redondos: en función da evolución na narración.
Espazo: onde se sitúan os feitos.
Tempo: tempo da historia (época na que suceden os feitos) ----- tempo do relato: ordenación temporal dos mesmos.
Texto dialogado
Texto dialogado: intercambia información, ideas ou opinións entre varios interlocutores. Tenta reproducir unha conversa entre varios interlocutores.
Trazos:
- Verbos e pronomes en 1ª e 2ª persoa.
- Sintaxe caracterizada por oracións curtas e simples.
- Vocabulario dun rexistro oral e coloquial.
- Interrogacións, exclamacións, comiñas, puntos suspensivos…
Estilos narrativos:
- Estilo directo: o narrador reproduce literalmente as palabras dos personaxes que aparecen entre guións ou comiñas.
- Estilo indirecto: o narrador asume as palabras dos personaxes empregando verba dicendi seguidos dunha oración subordinada.
- Estilo indirecto libre: o narrador introduce as palabras dos personaxes sen verba dicendi nin guións.
Gramática e Morfoloxía
Adverbios
Adverbio:
- Tempo: a cada tanto, decote, detrás, onte, por veces…
- Lugar: enriba, velai, alá, preto.
- Cantidade: a medias, soamente, totalmente, tan, xustamente.
- Modo: de balde, de socate, alí, gratis, a escape.
- Afirmación: así mesmo, de certo, si.
- Negación: nin, non, xa.
- Dubida: acaso, disque, quizabes, se cadra.
Conxuncións
Conxuncións coordinantes:
- Copulativas: e, mais, nin, e mais.
- Adversativas: pero, mais, aínda que.
- Distributivas: ben... ben, cal... cal.
- Disxuntivas: ou.
Conxuncións subordinantes:
- Temporais: cando, mentres, antes de que.
- Modais: como, se, segundo, de forma que.
- Locativas: onde, onde queira que.
- Causais: porque, posto que, xa que.
- Finais: para que, a fin de que.
- Concesivas: aínda que, malia que.
- Consecutivas: así, así pois, polo tanto.
- Comparativas: ca, que, coma.
- Completivas: que, se.
Contraccións (Artigo + Preposición)
Artigo + Pronome / Determinantes (Determinante na frase nominal):
- A: á/ao, á, ós/aos, ás.
- Con: co, coa, cos, coas.
- De: do, da, dos, das.
- En: no, na, nos, nas.
- Por: polo, pola, polos, polas.
Non confundir: coa súa amiga, máis alto ca min.
Determinantes
- Det. demostrativos: este, ese, aquel, estes, aqueles, eses… isto, iso, esoutro.
- Det. posesivos: meu, teu, seu, noso, voso, seu……
- Det. indefinidos: algunha, alguén, algo, ningún, ninguén, nada, un, varios, pouco, bastante, ben, demasiado, máis, menos, tanto, todo, cada, ambos, entrambos.
- Det. relativos, interrogativos, exclamativos: que, quen, cal, canto, cuxo, ser quen de, como.
- Det. numerais: cardinais (1, 2…), ordinais (primeiro, segundo…), multiplicativos (dobre, triplo…), partitivos (medio, terzo, cuarto).
Pronomes
Pronome persoal tónico recto: eu, ti, el, nós, nosoutros, vós, vosoutros, eles.
Persoal tónico oblicuo: min, comigo, ti, si, consigo, nós, nosoutros, connosco, vós, vosoutros, convosco, si, consigo.
Pronome persoal átono: me, te, se, lle, o, lo, no.
Contraccións CD, CI: mo, cho, llo, nolo, volo, llelo.
Impersoal: estase ben aquí.
Pasiva reflexa: alúganse apartamentos.
Perífrases verbais
Perífrases:
- Incoativas: comezar a, poñerse a, empezar a, dar en.
- Perfectivas: acabar de, deixar de, dar + participio, ir + participio, levar + participio, ter + participio.
- Imperfectivas: andar a, estar a, andar + xerundio, estar + xerundio, levar + xerundio, seguir a + inf., ser a + inf., ir + xerundio, vir + xerundio.
- Terminativas: chegar a, vir a, acabar por.
- Reiterativas: ter + participio.
- Perífrases temporais: futuridade xeral ou inminencia (ir + inf., haber de, estar a, querer), inminencia pasada (haber de + inf.).
- Perífrases modais: obrigación (haber de, hai que, ter que, deber), hipótese (deber de, poder).
Historia e Formación da Lingua Galega
Formación do galego
Nace coma lingua oral nos séculos VIII-IX. É unha lingua románica que deriva do latín coloquial e oral (vulgar).
Substrato:
- Preindoeuropeo: raíces no neolítico e paleolítico (linguas euroafricanas como carqueixa, linguas hispano-caucásicas como amorodo, linguas de orixe incerta como toxo).
- Indoeuropeo: a partir do s. VI (linguas paraceltas como berce, linguas celtas como páramo).
Latín: deriva do latín vulgar que presentaba diferenzas co latín doutras zonas do imperio romano. Isto, máis os trazos das linguas xa existentes no territorio, provoca unha variedade do latín que derivaría en galego, o que provoca que o galego presente trazos máis achegados ao latín.
Superstrato: trazos que deixaron as linguas dos pobos que conquistaron este territorio trala caída do imperio romano.
- Xermánico: suevos e visigodos que chegaron nos séculos V e VI (guerra, laverca, Allariz, Carlos).
- Árabe: entran na península no 711. En Galicia os asentamentos foron pouco duradeiros; a maioría do léxico entrou no galego a través do castelán e portugués (aceite, alicerce, alcoba, alférez, Alfoz, Rábade).
Clasificación dovocabulario
- Palabras patrimoniais: forman parte do léxico do galego desde os primeiros momentos de formación da lingua e a aquelas derivadas e compostas delas. Experimentaron cambios fonéticos: perda do -n- intervocalico (luna > lua), perda do -l- intervocalico (caelu > ceo), palatalización dos grupos pl-, fl-, cl- (flama > chama, plenu > cheo, clave > chave).
- Palabras semicultas: entraron posteriormente no idioma e experimentaron unha evolución menor: ecclesia > igrexa.
- Palabras cultas: introducíronse tardiamente para crear novos vocablos: articulacio, plena, secreto.
Literatura Galega Medieval
As Cantigas de Santa María
Cantigas de Santa María: representan a lírica galego-portuguesa. É un cancioneiro formado por 427 cantigas na honra da Virxe. Alfons X o Sabio foi o coordinador do equipo, formado por informantes, tradutores, poetas e músicos, que as creou.
- Cantigas narrativas: relatan milagres efectuados por diversas advocacións da Virxe que salvan os fieis dalgúns perigos ou os perdoan.
- Cantigas líricas: poemas de loanza á Virxe, traslación da cantiga de amor ao divino. Cada 10 cantigas, as 9 primeiras son narrativas e a 10ª é lírica.
Prosa galega medieval
Condicionantes: As obras son case todas traducións de obras creadas noutras linguas, xa que nos primeiros séculos da Idade Media a prosa escribíase en latín. Despois as monarquías quixeron crealas en lingua nacional, pero Galicia xa estaba ligada á coroa de Castela sen corte propia.
Prosa narrativa:
- Ciclo clásico: guerra de Troia (Crónica troiana).
- Ciclo artúrico ou Materia de Bretaña: Rei Artur e cabaleiros da táboa redonda (Demanda do santo grial).
Prosa historiográfica: valor propagandístico de relato, introdución de elementos fantásticos con valor histórico.
- Traducións: Crónica Geral Galega.
- Orixinais: Crónica de santa María de Iria.
Prosa haxiográfica e xurídica: trata temas relixiosos. Milagres de Santiago, escrita co obxectivo de promover a peregrinación a Compostela.
Prosa didáctica: traducións de textos xurídicos latinos, casteláns e franceses, ordenanzas municipais e gremiais: Tratado de albeitaria.
Decadencia da escola trobadoresca
Coa morte de D. Dinis e o seu fillo, o conde de Barcelos (mediados do s. XIV), comeza a decadencia ata case a súa desaparición. Unha das causas é o progresivo aumento do prestixio político e cultural de Castela e a consolidación da cidade de Toledo como capital do lirismo hispánico. A partir deste momento xorden dúas escolas de nova poesía:
- Escola galego-castelá: textos elaborados nas cortes dos reis de Castela e aparecen recollidos no Cancioneiro de Baena (med. s. XV): Alfonso Álvarez de Villasandino.
- Escola castelán-portuguesa: textos compostos nas cortes reais portuguesas (s. XV) e aparecen recollidos no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende.
A Lingua Galega nos Séculos Escuros (XV-XIX)
A lingua perde a súa condición co proceso centralizador dos Reis Católicos. Galicia foi colonizada por unha oligarquía foránea e o castelán converteuse na lingua de uso das clases dominantes.
O galego foi substituído polo castelán tanto en documentos privados como públicos. A Igrexa usou o castelán coma lingua de culto e ensino. Na universidade usábase o latín en actos solemnes e o castelán no resto. O galego quedou relegado a uns certames literarios, as festas minervais. A literatura escrita en galego practicamente desapareceu, quedando relegada ao nivel oral, perdeu prestixio entre os falantes e apareceron os prexuízos lingüísticos.