Literatura Galega: Cunqueiro, Blanco Amor e Himno
Álvaro Cunqueiro
Natural de Mondoñedo, estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela (SDC), colaborou co galeguismo e deuse a coñecer como poeta. Residiu en Madrid, integrou-se no franquismo e dedicouse ao xornalismo. Posteriormente regresou e vinculouse con Galaxia.
As súas obras son das máis orixinais da cultura galega, abrangendo poesía, narrativa e teatro, cunha gran capacidade de inventar un mundo propio.
Xénero novelístico
- Merlín e a familia: Actualiza figuras lendarias de Bretaña e convérteas en personaxes de Galicia. Destacan o narrador e o criado de Merlín.
- As crónicas do Sochantre: Ambientada na Bretaña francesa. O protagonista é o Sochantre de Pontivy. Aventura con personaxes de ultratumba.
- Se o vello Sinbad volvese ás illas: Inspirada en As mil e unha noites. Narra os recordos de Sinbad, un vello mariñeiro retirado que soña con volver ao mar.
Relatos breves
Destacan obras como Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes.
Eduardo Blanco Amor
Natural de Ourense, tratou con risco a literatura e púxoa en contacto con outras literaturas. Dedicouse ao xornalismo, emigrou a Bos Aires e uniuse ao labor cultural nacionalista. Volveu a Madrid; en Arxentina publicou gran parte da súa obra.
É autor dunha prosa de realismo crítico e social ambientada en Auria.
Obras principais
- A esmorga: Técnica innovadora, diálogo entre un acusado e o xuíz onde só se coñecen as respostas do acusado. Mostra a vida marxinal de tres personaxes.
- Os bisbardos: Oito contos que recollen experiencias e anécdotas do mundo da nenez e a adolescencia na cidade de Auria.
- Xente ao lonxe: Vida do proletariado en Auria, con múltiples personaxes e ambientes. Uso do monólogo interior e tratamento de temas tabú.
Himno Galego
¿Qué din os rumorosos, na costa verdescente, ao raio transparente do prácido luar?
¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?
- Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan,
non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono, fogar de Breogán.