Problemas do Crecemento Urbano: Sociedade e Medio Ambiente

Francès1,89 KB

Inconvenientes do Crecemento Urbano

Nos países desenvolvidos, a grande extensión superficial alcanzada polas cidades orixinou múltiples problemas. Entre eles destacan:

  • Malgastar o solo e o diñeiro para levar infraestruturas cara a zonas afastadas.
  • Dependencia excesiva do automóbil.
  • Certo illamento social.

Fronte a este problema, os plans urbanísticos fomentan un crecemento máis compacto da cidade e a rehabilitación de espazos no interior desta.

Nos países menos desenvolvidos, o crecemento urbano ocasiona desorganización urbanística e escaseza de vivendas. Isto explica o aumento de barrios de chabolas carentes de servizos básicos, como o acceso á auga potable e ao saneamento. Para frealo, algúns países tratan de controlar o éxodo rural, e a ONU recomenda prever o crecemento e dotar as cidades das infraestruturas necesarias para toda a poboación, como auga potable e saneamento.

Os Problemas Sociais

Nos países desenvolvidos, afectan sobre todo a mulleres, anciáns, parados, inmigrantes e persoas sen fogar. Para combater este problema, os países reforzan os servizos sociais e os programas preventivos.

Nos países subdesenvolvidos, a pobreza aféctalle á maioría da poboación urbana, especialmente aos habitantes dos barrios marxinais e ás mulleres. Para solucionala, a ONU recomenda mellorar as condicións de vida das persoas pobres, fomentar a igualdade entre os sexos e unha mellor distribución dos recursos.

Os Problemas Medioambientais

Os principais problemas son:

  • O alto consumo de recursos.
  • A contaminación atmosférica.
  • A contaminación acústica.
  • Os residuos procedentes das actividades urbanas.

Por iso, a ONU promove o desenvolvemento sostible e os países crean infraestruturas e elaboran normas medioambientais para eliminar os problemas.

Descarregar

PDF Word HTML