Prosa galega do primeiro terzo do s. XX: Grupos e autores

Altres llengües estrangeres3,8 KB

Prosa galega do primeiro terzo do XX

Consolidación e modernización da narrativa contemporánea

A consolidación e modernización da narrativa contemporánea débese grazas ao espazo político e cultural galeguista e ás infraestruturas editoriais. Promóvese a narrativa de ficción, o ensaio e o xornalismo, en ámbito normalizador.

Catro grupos

1. Continuadores dos modelos do XIX

Francisca Herrera e Manuel Barros. Obras ambientadas en modelos rurais idealizados, que non aportan novidade ao panorama literario.

2. Irmandades da Fala

Inician o ensaio político e o xornalismo en galego, así como a narración curta e sinxela para a prosa de ficción, co obxectivo de chegar a un público amplo.

  • Ensaístas: Antón Vilar Ponte, Xohán Vicente Viqueira e Lois Peña Novo (revista A Nosa Terra).
  • Prosa de ficción: Lesta Meis, Carré Alvarellos e Cotarelo Valledor, con unha cultura popular menos tradicionalista.
3. Grupo Nós

Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Castelao modernizan e dignifican a cultura galega, estudan a realidade do país con rigor científico e integranse no Partido Galeguista, desenvolvendo unha labor política. A revista Nós era mensual.

4. Novecentistas

Rafael Dieste, con Dos arquivos do trasno: obras sintéticas e personaxes que reproducen tipos galegos, con protesta social e posturas vangardistas.

Obxectivo

Consolidar a prosa en galego. A narrativa galega supera o costumismo e as raíces culturais. Preténdese crear unha lingua supradialectal apta para todos os ámbitos.

Autores

Vicente Risco

  • Estuda e delimita as características da cultura galega e compara o rural co urbano, identificando os axentes castelanizadores.
  • Irracionalismo: a razón non é suficiente para comprender a realidade.
  • Visión cíclica da historia.
  • Tres tipos de homes: racionalistas, materialistas e espiritualistas.
  • Sentimento da terra e intelectualismo con intención didáctica (ensaio).

O porco de pé: O.P.D.P. representa ao materialista e ao espiritualista con un tono satírico e humorístico.

O lobo da xente: mito do lobishome.

A coutada: a vida rural fronte ao materialismo.

Otero Pedrayo

Destaca os valores realmente galegos e despreza a burguesía por introducir valores materialistas. A paisaxe é elemento configurador do home: marca ritmos e o home integrase nela (e tamén a inversa).

Dous tipos de obras:

  • Realista: Os camiños da vida: desamortización, burguesía comerciante e degradación da sociedade.
  • Cultural: Arredor de si: retrato da súa xeración, con un intelectual escéptico como exemplo.

Características: frase curta, elipses e uso de imaxes suxestivas para describir.

Castelao

Procedencia e actividade política: o pobo humilde. Ofrece unha nova visión cómica do paisano galego. Denuncia o asoballamento galego, que impide desenvolver a creatividade.

  • Sempre en Galiza (1944) e Cousas (1926): recollen o pensamento político e os problemas da sociedade da época.
  • Os dous de sempre (1934): Rañolas e Pedro, dúas formas distintas de vida.
  • Un ollo de vidro (1922): sátira social humorística.

Descarregar

PDF Word HTML