La prosa gallega del primer tercio del siglo XX: Irmandades, Nós y grandes narradores

Altres llengües estrangeres2,32 KB

A prosa do primeiro terzo do século XX

Entre 1916 e 1936, grazas a un espazo político e cultural impulsado polas Irmandades da Fala e o grupo Nós, a lingua adquire novos ámbitos expresivos.

As editoriais Terra a Nosa, Céltiga, Aborada e Lar publican máis de 70 noveliñas onde se inician os principais narradores da época. Estas narracións propoñen novos modelos temáticos (humor, simbolismo, naturalismo, macabrismo...) que contrastan co costumismo ruralista decimonónico.

O grupo Nós, que recibe o nome da revista que publican desde 1920 ata 1936, consolida e moderniza a prosa galega en todos os seus rexistros (novela, ensaio, discurso, cuento científico...).

Vicente Martínez Risco

Vicente Martínez Risco publica o ensaio Teoría do nacionalismo galego. A súa produción narrativa ten unha intencionalidade didáctica e é a continuación do seu pensamento filosófico: esoterismo, atlantismo, visión clínica da historia... Inicia co relato do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, unha narración humorística sobre ciencias ocultas e a figura de Tutankamón. Os seguintes contos achéganse ás lendas e ás tradicións populares.

Ramón Otero Pedrayo

É o escritor máis prolífico e cultivou todos os xéneros. As claves do seu pensamento (cristianismo e tradición) son fundamentais para entender a súa obra. A crítica acostuma dividir a súa narrativa entre obras históricas e psicolóxicas. Entre as primeiras está o conxunto de novelas e relatos que amosan a transformación da sociedade galega rural durante o século XIX.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Pertence ao grupo Nós e tamén contribuíu á modernización da prosa coa súa polifacética obra (debuxos, pintura, novela, relato, ensaio, teatro). Non comparte o culturalismo dos ourensáns nin o afán doutrinal. Opta por dar testemuño da realidade presente, concedéndolle o protagonismo ás clases populares. A técnica narrativa de Castelao apóiase nunha narración esencial que achega os trazos fundamentais e o resto da información só se suxire. Así conséguense textos breves e sintéticos que se caracterizan pola depuración, a sinxeleza, o lirismo e o humor, que aproveita para facer sátira social. A súa primeira obra é Un ollo de vidro.

Descarregar

PDF Word HTML