O Camiño á Guerra Mundial: Causas, Desenvolvemento e Consecuencias
O Camiño á Guerra
1. Sistemas de alianzas e paz armada
O principal artífice do sistema de alianzas era o canciller Bismarck, cuxas liñas de actuación consistían na procura dun equilibrio en Europa e en manter illada politicamente a Francia. En 1890, tras a súa demisión, as relacións entre os países evolucionan cara á formación dun sistema bipolar. Isto leva aos estados a unha carreira de armamentos que, á súa vez, aumentaba as tensións internacionais: a chamada paz armada.
2. Tensións nacionalistas
Nas rivalidades cómpre destacar o papel do nacionalismo. En moitos países existían tendencias centrífugas protagonizadas por pobos que tiñan culturas e linguas diferentes á oficial e que reclamaban a independencia, como por exemplo os irlandeses en Inglaterra.
As tendencias disgregadoras eran un grave problema para os países formados por un gran mosaico multinacional, como Austria-Hungría e o Imperio Ruso. Estas tensións aumentaron no século XX.
3. As orixes internacionais: clima prebélico
As crises fan aumentar os temores e a inseguridade, pero tamén consolidaron as alianzas e as rivalidades. As poboacións parecían dispostas a asumir os riscos da guerra. A guerra foi preparada, organizada e buscada.
A guerra non foi unha sorpresa para ninguén. Cómpre lembrar os chamamentos das organizacións obreiras opoñéndose a ela. As rivalidades eran un conflito localizado que podía dar orixe a unha confrontación a escala continental.
As magnitudes do conflito
1. O atentado de Sarajevo
O 28 de xuño de 1914, o arquiduque Francisco Fernando (herdeiro do trono do Imperio austro-húngaro) e a súa muller foron asasinados en Sarajevo (Bosnia). O atentado foi considerado polo goberno austro-húngaro como unha ameaza á existencia da propia monarquía. Nos días posteriores a tensión foi máxima; as mobilizacións e declaracións entre os futuros contendentes foron marcando os futuros bloques. Os países que non estaban directamente afectados, como Inglaterra, tiñan que tomar unha posición.
A guerra debía ser rápida e servir para solucionar os problemas suscitados, pero a situación escapou das mans dos principais protagonistas.
2. A extensión xeográfica
Poucos estados mantiveron a neutralidade. O feito de que as grandes potencias enfrontadas fosen, ao mesmo tempo, cabeza dos imperios coloniais, como Xapón e EE.UU., fai que o conflito fose mundial. Ata ese momento, o escenario da guerra fora Europa, pero tamén se combateu en Oriente Próximo, no Cáucaso e nas colonias alemás.
3. Duración temporal
- Plan Schlieffen: contando coa lentitude da mobilización rusa e tentando evitar a guerra simultánea en dúas fronts, dispón un ataque rápido no oeste cara a Francia para logo dirixirse ao leste (Plan de Moltke).
- Plan XVII francés: consistía en intentar destrozar o poderoso exército alemán mediante unha forte ofensiva en Lorena, contando coa neutralidade belga e co apoio do ataque ruso na zona oriental.
A guerra desenvolveuse ao longo de catro anos e pódese dividir en catro fases:
4.1 Primeira fase: guerra de movementos (1914)
- Fronte occidental: os alemáns son detidos no Marne, o que frustra o seu plan.
- Fronte oriental: os rusos son detidos polo exército alemán, pero derrotan as tropas austro-húngaras.
4.2 Segunda fase: guerra de posicións (1915-1916)
- Fronte occidental: ningún exército tiña potencial para romper as liñas enemigas, polo que houbo que edificar posicións estáticas. Así apareceron as trincheiras e novas armas acordes con esta nova situación. Os intentos de romper o fronte fracasan e producen un número elevado de baixas. No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo inglés.
- Fronte oriental: o fracaso das ofensivas rusas permite ás tropas alemás ocupar extensas zonas do Imperio ruso. Nos Balcáns, os Imperios Centrais ocuparon Romanía.
4.3 Terceira fase: a crise de 1917
- A entrada de EE.UU.: o pretexto para declarar a guerra a Alemaña foi o afundimento do vapor Lusitania. Tamén influíron as ameazas alemás contra os estados neutrais que subministraban mercadorías aos Aliados, os perigos dos seus submarinos, os intereses da banca americana, que deixara grandes cantidades a Francia e Gran Bretaña, e, por último, as promesas alemás a México para recuperar territorios que EE.UU. lle arrebatara.
- A retirada da guerra dos rusos: o Tratado de Brest-Litovsk puxo fin á guerra xermanorrusa. Rusia tivo que recoñecer a independencia de Finlandia, Ucraína e os estados bálticos.
4.4 Cuarta fase: as grandes ofensivas de 1918
A desaparición da fronte oriental permitiu a Alemaña concentrar tropas no fronte occidental e iniciar ofensivas, que acabaron fracasando. Os Aliados decidiron unificar os mandos militares no xeneral Foch, quen dirixiu as grandes ofensivas. O material achegado por EE.UU. axudou a derrotar aos alemáns en case todas as batallas. Ante a falta de reservas, Alemaña declarou imposible a resistencia. O 9 de novembro estalou a revolución en Berlín, que provocou a fuga de Guillerme II e a proclamación da república.
As novas formas de guerra
1. Avances técnicos da revolución industrial
A revolución industrial permitiu producir novas armas en grandes cantidades e con maior capacidade destrutiva.
- Fracaso da estratexia tradicional: en 1914, as novas armas permitiron bloquear grandes formacións de ataque e converter homes e cabalos en carne de canón diante das metralladoras.
- Innovación nos combates terrestres: a imposibilidade de desbordar as tropas inimigas provocou o estancamento das posicións e o establecemento dunha fronte continua, equipada cunha rede de trincheiras armadas con metralladoras.
- Preparación artillera e bombardeo continuo
- Gases asfixiantes
- Tanques
- Innovación no mar e no aire:
- Mar: submarinos
- Aire: aviación
2. Mobilización dos recursos
A prolongación da guerra obrigou aos beligerantes a mobilizar todos os seus recursos. A maioría dos países tiveron que improvisar a fabricación a gran escala de materiais de guerra e munición. Puxo en marcha a economía de guerra, na que os estados reforzaron a súa autoridade e controlaron a economía.
Ante a escaseza de produtos, tivéronse que fixar prezos para evitar a especulación. Os alimentos foron substituídos por sucedáneos, como o pan de guerra alemán. A falta de hixiene produciu un descenso demográfico notable.
A organización da paz e a Sociedade de Nacións
1. Os Catorce Puntos de Wilson
O presidente norteamericano Woodrow Wilson fixo unha proposta que serviu de base para o final da guerra. A súa proposta consistía na defensa do liberalismo como principio director da orde, na devolución de Alsacia e Lorena a Francia, no recoñecemento do principio de autodeterminación dos pobos e na creación dun organismo internacional encargado de manter a seguridade de todos os países.
2. Tratados de paz
As potencias vencedoras reuníronse en París para fixar as condicións da paz. Un trazo característico deste proceso foi que non permitiron participar aos vencidos, o que crearía futuros resentimentos.
3. Principios da organización da paz
Foron escritos polos vencedores e responden a dous criterios:
- As propostas de Wilson: creación da Sociedade de Nacións e uso das nacionalidades para trazar fronteiras e crear estados.
- Facer pagar a Alemaña: defendido sobre todo por Francia.
A paz asinouse por separado con cada unha das potencias derrotadas, mediante cinco tratados.
4. Tratado de Versalles
Foi o primeiro en asinarse. Nel recóllese o Estatuto fundamental da Sociedade de Nacións e, logo, as condicións impostas a Alemaña:
- Perdas territoriais
- Condicións militares
- Condicións morais
- Condicións económicas
- Condicións penais
Os seus aliados tamén sufriron as consecuencias da guerra.
As novas fronteiras seguiron, en liñas xerais, os límites entre as distintas nacionalidades, pero houbo excepcións que máis tarde provocarían conflitos, como a presenza de minorías alemás en Checoslovaquia e en Polonia. A fronteira polaco-rusa non foi determinada na Conferencia de Paz de París, e estes estados resolveron as súas diferenzas pola guerra.
As modificacións territoriais non sentaron ben a todos os estados, o que orixinou o espírito de Versalles, caracterizado por un forte resentimento nacionalista: Italia non estaba contenta cos territorios recibidos, e Alemaña sentíase humillada por cargar coa culpa da guerra e por dividir os seus territorios.
5. A Sociedade de Nacións
Seguindo as propostas do presidente Wilson, na Conferencia de París creouse un organismo internacional encargado de velar pola seguridade, coa finalidade de manter a paz internacional e condenar a guerra como medio para resolver os problemas entre países.
Para a súa organización estableceuse unha Asemblea, que votaba e se reunía anualmente, na que os membros tiñan voz e voto; un Consello, que debía intervir en todo o relacionado coa paz mundial, formado por nove membros: cinco permanentes e catro non permanentes; e unha Secretaría Xeral, que coordinaba estes dous órganos. A sede estaba en Xenebra, e crearon órganos auxiliares, como o Tribunal de Xustiza de Haia e a Organización Internacional do Traballo.
No principio, a SDN estaba formada por países vencedores e neutrais, pero logo se unirían Alemaña e a URSS.
En EE.UU., o presidente Wilson negouse a asinar o Pacto con pretextos nacionalistas e ante o temor de que puidese limitar a súa capacidade en América Latina.
A SDN non puido evitar a guerra. Evitou algún conflito menor, pero o seu obxectivo básico non se cumpriu. Máis tarde, a ONU recollerá o espírito da SDN tras o novo conflito mundial.
As consecuencias da guerra
1. Grandes perdas humanas
Os combates provocaron grandes mortes, e a poboación civil foi sometida a grandes privacións.
2. Consecuencias económicas
- Custo económico: foi enorme para todos os países.
- Destrución de bens materiais: foi elevada, pero as guerras limitáronse en gran parte ás zonas de combate.
- Transformación da estrutura económica produtiva: todos os recursos económicos se dedicaron á produción bélica, o que determinou a transformación das industrias. Os estados tiveron que recorrer á planificación económica, alterando as leis do mercado.
- Cuestión financeira: os estados europeos tiñan débedas e indemnizacións que pagar. O goberno bolxevique negou os préstamos que se lle concederan e non pagou o que debía, o que produciu perdas aos estados occidentais. Gran Bretaña e Francia debían moito a EE.UU. e esperaban cobrárllelo a Alemaña.
3. Consecuencias sociais
Os negocios da guerra beneficiaron aos grandes fabricantes de produción bélica. As clases medias empeoraron o seu benestar económico, o que levou ao incremento de conflitos e protestas (folgas e movementos revolucionarios de orixe laboral). As mulleres saíron beneficiadas, xa que o descenso do número de homes traballando fixo que fosen substituídos por man de obra feminina.
Os ex-soldados non se viron compensados polos combates e uníronse aos movementos fascistas (Italia e Alemaña).
4. Consecuencias políticas
Produciuse a fragmentación de Europa central. Os países vencedores seguiron cos seus sistemas representativos, mentres que nos vellos réximes foron suplantados por réximes democráticos. Os problemas das novas democracias e a súa inestabilidade permitiron o ascenso de homes fortes. A guerra favoreceu a revolución bolxevique e a aparición dos partidos comunistas.