Glosario de termos xeográficos e do relevo en galego
Vocabulario de xeografía e relevo natural
Este glosario recolle a definición precisa dos principais termos da xeografía física, da hidrografía e da paisaxe natural en lingua galega:
- Monte: terreo cuberto de vexetación espontánea, que pode estar poboado de árbores.
- Chaira: terreo chan de certa extensión.
- Devesa: terreo acoutado con árbores autóctonas, xeralmente pastos.
- Prado: terreo húmido con abundante pasto.
- Fraga: monte con árbores con fauna moi diversa.
- Veiga: terreo baixo e fértil á beira dun río.
- Ribeira: franxa de terra ao lado dun río, lago ou mar.
- Lameiro: terreo aguacento onde só medra a herba.
- Fonte: lugar por onde sae ao exterior a auga subterránea.
- Fervenza: caída dunha corrente de auga por un desnivel brusco da terra.
- Encoro: depósito natural nun curso das augas onde se recollen as augas.
- Cume: parte máis alta dun monte.
- Esteiro: espazo costeiro que ocupan as mareas onde desembocan algúns ríos.
- Aba: pendente ou declive que presenta un monte.
- Manantial (ou manancial): fonte natural onde brota a auga.
- Cordilleira: aliñación montañosa.
- Remuíño: movemento xiratorio rápido que se produce na auga.
- Regato: corrente de auga pouco abundante de leito estreito e profundidade escasa.
- Regueiro: curso de auga pouco abundante de caudal entre regato e río.
- Ladeira: inclinación dun terreo.
- Serra: aliñación montañosa inferior a unha cordilleira.
- Cimo: parte superior dun monte.
- Curuto: parte máis elevada dun monte.
- Outeiro: pequena elevación de terreo con pendentes pronunciadas.
- Vertente: aba dunha montaña.
- Cantil: escarpa rochosa de pendente acusada e cortada entre a liña da terra e o mar.
- Abra: entrada do mar na costa, serve como porto para pequenas embarcacións.
- Amela: praia situada nunha costa aberta entre dous montes onde desemboca un río.
- Areal: terreo areoso ao lado do mar ou dun río.
- Enseada: entrante litoral onde non hai profundidade e serve de abrigo para os barcos.
- Relanzo: parte dun río onde a corrente se ralentiza ou se detén.
- Seara: conxunto de parcelas con varios propietarios.
- Furna: caverna profunda e escura.
- Illa: terreo que está totalmente rodeado polo mar.
- Ínsua: illa pequena formada por pedras no medio dun río.
- Illó: penedo rodeado de mar (illote).
- Ría: entrada do mar na terra nun relevo macizo.
- Río: corrente natural de auga máis ou menos continua e de caudal variable.
- Lago: acumulación de augas.
- Laga: poza na que se enrrean os vexetais fibrosos.
- Lagoa: extensión de auga que ocupa unha depresión de terreo menor ca un lago.
- Louseira: canteira de lousas.
- Reforestación: repoboación de árbores.
- Declive: decadencia e perda progresiva de vigor.
- Devasa: aberturas que se fan nos terreos, deixándoos sen forestación.
- Especies pirófitas: plantas que resisten ao incendio e medran en solos queimados.