Gramática Galega: Demostrativos, Posesivos e Semántica
O demostrativo
Usos e valores especiais
- Dependendo da entonación poden presentar valor afectivo ou negativo.
- ESE, ISO ou ESA, acompañando ou substituíndo a un nome, adquire valor despectivo.
- As formas AQUEL e AQUELA pódense usar para expresar algo pouco definido.
- Tamén cun significado indefinido e dependente do contexto derivan as formas verbais aquelar e aquelarse.
- Nisto, nestas, con isto admiten un uso adverbial temporal cun significado de “nese momento”.
- Daquela admite ese mesmo uso como adverbio de tempo e, ademais, pode funcionar como conxunción consecutiva “polo tanto”.
Os posesivos
Usos e valores especiais
- Para marcar unha relación de propiedade absoluta, o posesivo ten formas analíticas, invariables de xénero e número: de meu, de noso...
- Existe un posesivo distribuído: candanseu, candansúa, etc. Deben ir colocados sempre diante do posuído: As nenas levan candansúa bicicleta.
- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade ou afectividade: O noso Xulián anda a traballar.
- O posesivo usado con numerais equivale a unha expresión aproximativa: Xa terá os seus setenta anos.
- Pode significar algo habitual: Xa chegou ese coas súas historias.
- Existen locucións formadas con posesivos: Penso moito nos meus.
Semántica
Campo asociativo: Conxunto de palabras que comparten un trazo de significado pero que non teñen por que pertencer á mesma categoría gramatical.
Campo semántico: Conxunto de palabras que teñen como mínimo un trazo semántico común. Por exemplo, o campo semántico de mar só pode incluír substantivos como area, algas...
Relacións de inclusión: Relacións que se producen polo feito de que o significado dun lexema está incluído no doutro. Estas relacións son: hiponimia, hiperonimia e cohiponimia.
- Hiponimia: Relación entre un lexema específico e outro máis xeral: rosa é un hipónimo con respecto a flor.
- Hiperonimia: Relación entre un lexema xeral e outro específico: flor é o hiperónimo de rosa.
- Cohiponimia: Relación entre hipónimos dun mesmo hiperónimo: rosa e caravel son cohipónimos.
Relacións semánticas:
- Sinonimia: Pode ser total ou parcial (hai matices diferenciadores).
- Polisemia: Cando unha palabra ten varios significados.
- Homonimia: Palabras iguais con diferente significado. Poden ser homófonos (baca/vaca) ou homógrafos (dieta).
Termos opostos:
- Complementarios: Hai unha relación de exclusión; afirmar un implica negar o outro: viva/morta.
- Antónimos: Presentan unha gradación de significados: frío/morno/quente.
- Recíprocos: Dous aspectos dunha mesma realidade; para que exista un ten que existir o outro: alumno/profesor, tío/sobriño.