A Poesía e a Prosa Galega dende os Anos 70 ata a Actualidade

Altres llengües estrangeres5,1 KB

A Poesía Galega (Finais do Século XX e Principios do XXI)

O último terzo do século XX e os principios do XXI caracterízanse por unha veemente eclosión poética e por unha evolución do xénero.

Na década dos 70, o grupo de poetas denominado os Novísimos continúa cultivando este tipo de poesía comprometida, mais a partir da publicación en 1976 de Vvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín e Mesteres de A. López Casanova, prodúcese un punto de inflexión. A partir da década dos 80, consolídase unha importante tendencia culturalista, centrada nunha obsesión polo coidado formal e a expresión culta.

Con posterioridade, xa na década dos 90, aparecen novas voces guiadas por unha actitude crítica e irreverente que se expresa cunha linguaxe máis natural e explora os camiños do experimentalismo. Moitos dos autores deste período agrúpanse en colectivos literarios cunha estética común. Cobran unha grande importancia os premios e colectivos literarios como O Esquío, o Celso Emilio Ferreiro ou o Espiral Maior.

A Poesía dos Anos 70

A decadencia da poesía socialrealista comeza na década dos 70 e reflíctese na antoloxía de Mª Victoria Moreno Antoloxía da poesía galega (1973). O movemento non desaparece por completo, senón que evoluciona e dá a coñecer a un grupo de poetas aínda preocupados pola denuncia e a reivindicación, que loitan a prol da lingua galega e das liberdades individuais e colectivas.

Autores destacados: Xohán Cabana, Lois Diéguez, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.

A Poesía dos Anos 80

Nos anos 80 abandónase a estética socialrealista e un grupo de autores inicia unha poesía denominada culturalista, caracterizada pola preocupación formal, a linguaxe culta e a recuperación parcial dos metros clásicos.

Temática da Poesía dos 80

  • Importancia do intimismo: reflexión metaliteraria, asuntos sociais e abundantes referencias culturais, tomando elementos doutras literaturas.
  • Poesía do cotián: reivindica unha expresión natural que toma como temática preferida a expresión da realidade máis próxima da vida do día a día.
  • Poesía experimental: rupturista e experimental, emprega recursos da poesía visual, incluíndo debuxos, fotos e outros elementos visuais. Tamén experimentan con experiencias multidisciplinares relacionadas coa música, o vídeo e as artes plásticas.

Autores destacados: María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Ramiro Fonte, Miguel Anxo Fernán-Vello, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Lois Pereiro, Xavier Seoane, Antón Reixa, Alberto Avedaño e Manuel María.

A Poesía dos Anos 90

As correntes poéticas emerxentes destas últimas décadas rompen coa mesura, co equilibrio e coa procura de beleza formal para potenciar a creación de textos desaliñados que se distinguen polo seu instinto vital, o seu desequilibrio ou a súa exuberancia. Óptase pola vía da linguaxe prosaica e polo fragmentarismo na organización estrutural do poema.

Destaca a simplificación formal e conceptual e a linguaxe directa, así como o predominio do subxectivismo e o ton vivencial.

Autores destacados: Chus Pato, Rafa Villar, Miro Villar e Yolanda Castaño.

A Prosa na Literatura Galega Contemporánea

A Década dos 70

Conviven autores consolidados da etapa anterior, como Cunqueiro ou Blanco Amor, cos autores da Nova Narrativa Galega, como Méndez Ferrín e Carlos Casares. A estes súmancellos novos narradores que procuran novos camiños: Fernán Vello, Paco Martín, Xoán Ignacio Taibo e Rei Ballesteros.

A Década dos 80

A narrativa ábrese a unha grande variedade de xéneros ata entón non abordados na literatura galega, ó tempo que se continúan desenvolvendo temáticas xa existentes.

Autores destacados: Víctor Freixanes, Xabier Alcalá, Alfredo Conde e Martínez Oca.

A Década dos 90

A narrativa consolídase como xénero predominante, ó que mesmo se achegan algunhas das principais voces da poesía, como Suso de Toro e Manuel Rivas.

Tendencias Temáticas dos 90

  • A temática fantástica ou arturico-cunqueiriana: desenvolvida por Xosé Miranda ou Darío Xohán Cabana.
  • A temática da historia recente: abordada por Manuel Rivas e Víctor Freixanes.
  • O realismo sociolóxico e a realidade contemporánea: tratados por Xabier Alcalá ou Manuel Rivas.
  • A literatura infantil: impulsada notablemente por Paco Martín.

Prodúcese a irrupción de novos subxéneros que ata ese momento non foran cultivados pola narrativa galega e que van acadar un extraordinario éxito comercial.

Autores destacados dos 90 e actualidade: Víctor Freixanes, Xabier Alcalá, Alfredo Conde, Carlos Reigosa, Suso de Toro, Manuel Rivas, Xesús Fernández Paz, Rosa Aneiros e Domingo Villar.

Descarregar

PDF Word HTML