O teatro galego das Irmandades da Fala e a época Nós

Altres llengües estrangeres5,74 KB

Resum

O texto aborda a evolución e as principais correntes do teatro galego durante as primeiras décadas do século XX. Analízanse as dificultades estruturais iniciais, o papel propagandístico e galeguizador promovido polas Irmandades da Fala e os novos vieiros abertos pola Xeración Nós e a vangarda. Así mesmo, repásanse os autores máis destacados, como Ramón Cabanillas, Rafael Dieste e Otero Pedrayo, xunto coas súas obras máis sobranceiras.

Punts clau

  • Tres correntes principais: teatro costumista-ruralista, teatro de tese/propagandístico das Irmandades da Fala e teatro renovador de vangarda.
  • En 1903 fúndase na Coruña a Escola Rexional de Declamación e Manuel Freire publica 'A ponte', primeiro drama galego en prosa.
  • As Irmandades da Fala empregaron o teatro como arma político-ideolóxica para galeguizar e dignificar a lingua.
  • Ramón Cabanillas rompe o preconcepto de que a fidalguía debía falar castelán con obras como 'A man de Santiña' (1921) e 'O mariscal'.
  • No período de Nós destacan 'A fiestra valdeira' (1927) de Rafael Dieste e as achegas de Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo.

Posa't a prova

O teatro galego no primeiro terzo do século XX

As tendencias teatrais desta etapa son fundamentalmente tres:

  1. O teatro costumista-ruralista: dominante no conxunto de produción.
  2. O teatro de tese e propagandístico: levado a cabo polas Irmandades da Fala, que viron no teatro un instrumento eficaz para galeguizar a sociedade, estender as ideas nacionalistas e dignificar a lingua e a cultura popular. É un teatro de ambiente e tema máis urbano ca a anterior tendencia.
  3. O teatro renovador (Dieste e Nós): que concilia a temática popular galega coas técnicas da vangarda artística.

As dificultades iniciais e os primeiros pasos

O teatro precisa para o seu desenvolvemento dunhas estruturas económicas e institucionais e dun público asiduo e formado; polo tanto, non se puido falar dun teatro galego desenvolto con normalidade debido ás condicións de estabilidade social e política de Galicia.

Os inicios: En 1903 inaugúrase na Coruña a Escola Rexional de Declamación, que tiña como obxectivo consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego. O primeiro drama galego en prosa é A ponte de Manuel Freire.

O teatro das Irmandades da Fala

  • Características xerais: o intento de sentar as bases para desenvolver un teatro galego e a utilización deste como arma político-ideolóxica cara á recuperación da conciencia nacional.
  • A consolidación do teatro galego: Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Quintanilla, etc. comezan a escribir un teatro urbano. Fuxindo do ruralismo, introducen novos temas, como a reivindicación social, a recuperación cultural ou a dignificación da lingua e da cultura popular. Outro tema significativo foi a recreación de episodios singulares da nosa historia co enxalzamento dos nosos mitos (como o Mariscal Pardo de Cela).
  • O teatro como arma político-ideolóxica: As Irmandades da Fala interesáronse por este xénero debido ás posibilidades que ofrecía de galeguización da sociedade; deste xeito, crearon canles para o seu fomento, como concursos dramáticos. O teatro galego converteuse nun instrumento ideal para espallar o ideario nacionalista polas vilas e cidades de Galicia.

Autores representativos das Irmandades da Fala

Ramón Cabanillas: rompe co preconcepto realista dos fidalgos a falaren castelán e escribe un teatro para amplos sectores sociais.

  • A man de Santiña (1921): é unha obra en prosa e de asunto contemporáneo; o argumento, a acción e o diálogo son un tanto moratinianos. Nesta obra destaca a novidade de presentar a xente refinada utilizando a lingua galega. Esta peza significou a inauguración do Conservatorio Nazonal de Arte Galega e o comezo dunha nova xeira na historia do noso teatro.
  • O mariscal: obra histórica en verso. Trátase dun drama romántico pertencente ao teatro modernista de evocación histórica, que converte o Mariscal en símbolo da resistencia galega contra os Reis Católicos.

Antón Vilar Ponte: animador e teórico do teatro como forma de proselitismo político e cultural.

Outras obras e autores sobranceiros

Unha das figuras máis salientables do teatro deste período foi Leandro Carré Alvarellos, quen realizou labores de preparación de actores, editou en «Lar» textos teatrais de Cabanillas ou Cotarelo Valledor, escribiu teatro costumista de ambiente rural ou burgués e dirixiu a Escola Dramática Galega.

Outro autor moi coñecido desta época é Xavier Prado «Lameiro», que deixou catorce obras, maiormente cadros costumistas da vida rural.

Pola súa banda, Armando Cotarelo Valledor foi un autor realista preocupado pola psicoloxía dos personaxes e polo ambiente; entre as súas obras destacan:

  • Trebón: drama rural en prosa con situacións efectistas.
  • Hostia: traxedia histórica que recrea o suplicio de Prisciliano.
  • Mourenza: drama mariñeiro.

O teatro na época Nós

O teatro coñece certo pulo favorecido pola creación na Coruña do Conservatorio Nazonal de Arte Galega. Aínda así, os autores da época Nós achéganse ao teatro esporadicamente e escriben textos máis concibidos para seren lidos ca para seren representados.

Principais pezas do período Nós

  • El bufón de El-Rei (1928), de Vicente Risco: ambientada na época medieval, é unha peza simbólica na que se fai unha reflexión verbo da anormalidade física e moral e sobre o inevitable do destino. A existencia do Mal explícase como resultado dun destino tráxico.
  • Obras de Ramón Otero Pedrayo: A lagarada, Teatro de máscaras e O fidalgo. Concretamente, A lagarada é unha traxedia protagonizada por un labrego rico (tentado pola luxuria) e a cobiza dos que o rodean, mentres se levan a cabo os traballos de elaboración do viño.
  • A fiestra valdeira (1927), de Rafael Dieste: drama simbólico e excelsa comedia que desenvolve o tema das orixes sociais e o desleigamento. Posúe unha estrutura clásica e é a peza teatral máis importante deste período.
  • Os vellos non deben de namorarse, de Castelao: obra dun autor cadro da Xeración Nós, aínda que de representación e publicación posterior ao período estudado. Na súa estrea, o propio Castelao dirixiu a posta en escena, ocupándose persoalmente de case todos os aspectos técnicos e artísticos.

Descarregar

PDF Word HTML

Preguntes freqüents

Cales son as tres tendencias principais do teatro galego desta etapa?

O teatro costumista-ruralista (predominante na produción xeral), o teatro de tese e propagandístico das Irmandades da Fala e o teatro renovador que fusiona temas populares con técnicas vangardistas.

Que relevancia tivo 'A man de Santiña' de Ramón Cabanillas?

Significou a inauguración do Conservatorio Nazonal de Arte Galega e presentou por primeira vez personaxes refinados e fidalgos falando en lingua galega.

Que diferenzas presentaba o teatro da época Nós respecto de etapas anteriores?

Achegouse á vangarda artística e produciu obras cun enfoque máis reflexivo e simbólico, moitas veces concibidas máis para a lectura ca para a representación práctica.

Posa't a prova

Targetes de repàs

Clica una targeta per veure la resposta.

Test

1. Cal é considerado o primeiro drama galego en prosa?
2. En que ano se fundou a Escola Rexional de Declamación na Coruña?
3. Cal foi o obxectivo prioritario das Irmandades da Fala co teatro?
4. Que personaxe histórico é tomado por Cabanillas como símbolo da resistencia fronte aos Reis Católicos?
5. Cal é considerada a obra teatral máis importante do período renovador/Nós segundo o texto?

Preguntes generades amb IA a partir del document: comprova les respostes amb el text.