Xeración Abrente: Renacemento e Profesionalización do Teatro Galego

Altres llengües estrangeres2,49 KB

O Nacemento e a Evolución do Teatro Galego

Traballaron por achegar o teatro ao pobo, tanto rural como urbano. Apostaron polo traballo en equipo, o autodidactismo, etc. A Agrupación Cultural Aberta, de Ribadavia, presidida por Ernesto Chao e vinculada aos círculos antifranquistas e nacionalistas de esquerda, convocou o Primeiro Certame Abrente de Teatro Galego. Ribadavia transformouse no punto de encontro para todos os interesados no mundo do teatro na Galiza.

Á morte do ditador Franco naceu a Escola Dramática Galega, e logo o Centro Dramático Galego.

Unha serie de dramaturgos logrou renovar o xénero teatral galego nos anos 70 e 80, que se coñeceron co nome de Grupo ou Xeración Abrente.

Obxectivos e Logros da Xeración Abrente

  • Impulsan a definitiva profesionalización do sector;
  • crean un teatro actual e de calidade;
  • exploran novas fórmulas estéticas;
  • conseguen a normalización lingüística no ámbito teatral, impulsando a edición de publicacións e a convocatoria de premios.

Principais Dramaturgos da Xeración Abrente

Manuel Lourenzo Lourenzo

Moi polifacético. A súa obra está composta de cento cincuenta títulos que poden agruparse: Ciclo mítico, o das mulleres apaixonadas, o mitolóxico galego, o do teatro por dentro, o ciclo experimental e o das corruptelas sociais. Veladas indecentes.

Eloxio Rodríguez Ruibal

É un dos dramaturgos galegos máis prestixiosos e renovadores. As súas primeiras obras conxugan as tendencias europeas da época coa tradición galega e o compromiso social e político. Despois segue retratando a sociedade galega contemporánea e reflexionando sobre a condición humana.

Roberto Vidal Bolaño

Home dedicado por enteiro ao mundo do teatro. Estética renovadora, xa que asimila e combina elementos da cultura popular galega, da dramaturxia de vangarda e da linguaxe cinematográfica. A súa obra amosa unha visión pesimista da vida, aínda que sen renunciar á denuncia político-social e á loita polos ideais transformadores da sociedade. Laudamuco, señor de ningures, obra grotesca que desvela os mecanismos psicolóxicos que explican a submisión ao poder, por máis absurdo e inxusto que este se manifeste. A ópera de a patacón, Os papalagui.

Outros Autores Destacados

Eduardo Alonso, Taxes Prego, Agrelo Hermo, Picouto Iglesias.

Descarregar

PDF Word HTML