Apunts de Llengua i Literatura Gallega: Gramàtica i Vanguardies
Morfemes i Flexió Verbal en Gallec
MORFEMES: xénero, número, VT (vocal temàtica), MMT (morfema modo-temporal) e MNP (morfema número-persoal).
FLEXIÓN VERBAL:
ANDABAMOS: R: and — VT: a — MMT: ba — MNP: mos
Procediments de Formació de Paraules
Parasíntese: consiste en combinar os dous procedementos anteriores, composición e derivación:
- AUGA + ARDER + ENTE = AUGARDENTE
Simple: Lexema + morfemes constitutivos.
Composta: Lexema + lexema (ex. picapiedra).
Derivada: (Prefixo) + lexema + (sufixo) (ex. in-felic-idad).
Parasintètica:
- a) lexema + lexema + sufixo: centrocampista
- b) prefixo + lexema + sufixo: indomable
Sigles i Acrònims
SIGLES: unión das letras (iniciais) de varias palabras que forman un sintagma: ESO (Educación Secundaria Obrigatoria).
ACRÓNIMOS: combina as letras ou sílabas de varias palabras (ex. Renfe: Rede Nacional de Ferrocarrís Españois).
Família Lèxica
Familia léxica (campo léxico): conxunto de palabras derivadas, compostas e parasintéticas formadas a partir do mesmo lexema: campo, campestre, campesiño, acampar... Diferenciamos:
- Familia léxica regular: o lexema non presenta variación ao longo de toda a familia: metro, métrico, quilómetro...
- Familia léxica irregular: integra palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos polo que o lexema presentará variacións: leite, leiteiro, leitaría, lácteo; persoa, persoal, personalizar, personalismo, personaxe...
Conxugació Verbal
VERBOS:
- PRESENTE: ando
- Copretérito indicativo: andaba
- Pretérito indicativo: andei
- Futuro: andarei
- Postpretérito: andaría
- Presente subxuntivo: ande
- Pretérito subxuntivo: andase
- Futuro subxuntivo e infinitivo conxugado: andarmos
Semàntica i Significat de les Paraules
A denotación é o significado obxectivo ou recto dunha palabra, sen ningún complemento valorativo, afectivo ou sentimental.
Connotacións: Cando as palabras adquiren asociacións de significado adicionais de carácter subxectivo, cultural, ideolóxico, etc.
Sinonimia: Consiste en que para un mesmo significado temos significantes distintos (ex. volver, regresar).
Polisemia: É a relación semántica de acordo coa cal a un mesmo significante lle correspónden varios significados, relacionados entre si dalgunha maneira. GRANADA: Fruto de un árbol / Artefacto explosivo.
Homonimia: un mesmo significante que posúe significados distintos pero cada significante procede etimoloxicamente de palabras diferentes (ex. amo: amar, amo: dono).
Irmandades da Fala i el Nacionalisme
Inicis del Moviment
TEMA 1. Irmandades da fala: (A Coruña, 1916, Antón Vilar Ponte). Potencia as aspiracións galeguistas do provincianismo e o regionalismo. A promoción da lingua galega é un dos seus principios fundamentais e presenta un ideario político ben definido. Inicio do nacionalismo. O seu voceiro é A Nosa Terra. Potencia o uso do galego en todos os ámbitos. Funda editoriais e publicacións periódicas en galego.
Publican 'algunas normas para unificación de idioma galego', un diccionario castelán-galego. Impulso do teatro e poñen en marcha un Seminario de Estudios Galegos.
Seminario de Estudios Galegos: Institución fundamental na investigación, historia e cultura de Galicia, creado por un grupo de universitarios e no que participan como coordinadores de algunhas das súas seccións os intelectuais máis destacados do galeguismo: Castelao, Cuevillas e Risco.
Activisme Polític i Partit Galleguista
Actividade política das Irmandades:
- Autonomía integral para Galicia.
- Busca de bases para facer posible un federalismo con Portugal.
- Cooficialidade do galego.
- Institucións lexislativas e xudiciais propias e autonomía fiscal.
- Igualdad de dereitos da muller.
- Reformas que acaben co secular atraso da economía galega.
Programa recollido polo Partido Galleguista durante a Segunda República.
Partido Galleguista: 1931. Nas eleccións de 1936 obtén 3 escanos nas Cortes Xerais. Redactan o Estatuto de Autonomía para Galicia que, malia ser aprobado maioritariamente en plebiscito, non entrará en vigor.
Poesia e Narrativa das Irmandades
Poesía das Irmandades: Contidos temática e formal dos autores do rexurdimiento, cun progresivo deterioro estético. Dase unha transición polo influjo do modernismo. Dúas tendencias: Continuista e renovadora.
Autores: Noriega Varela e Ramón Cabanillas (Da terra asoballada, A rosa de cen follas…).
Narradores das Irmandades: Coetáneos dos compoñentes do Grupo Nós, pero estes prefiren a poesía e o teatro.
- Aparecen en galego o ensaio, a prensa e coleccións de narrativa breve (Céltiga, Lar).
- Lesta Meis: a súa obra narrativa reflicte a súa experiencia vital na emigración: Manecho o da rúa, Estebo.
- Carré Alvarellos: Fundador da editorial Lar e importante autor teatral: Naiciña.
As Vangardas na Literatura Galega
Concepció i Característiques
VANGARDAS: Movemento estético que se produce a principios do s. XX, provocando unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Movemento fragmentario: numerosos grupos, diversas propostas, os ismos (futurismo - Italia, dadaísmo - Zúrich, cubismo-surrealismo - París, expresionismo - Alemaña, imaginismo - Inglaterra, ultraísmo - España, hilozoísmo - Galicia...).
Características comúns aos movementos de vangarda:
- Ruptura radical coa tradición.
- Renovación da temática.
- O arte ten sentido en si mesma.
- Arte cerebral, antisentimental, antirromántica.
- Expresión hermética.
- Elaboración de manifestos programáticos radicais.
Xeración das vangardas, xeración do 25 ou Novecentistas.
- Manifestacións das vangardas: revistas (Ronsel, Alfar, Cristal...), manifestos (Máis alá, 1922), crítica da literatura e dos tópicos literarios galegos.
- Renovación sen romper totalmente coa tradición: Hilozoísmo (poesía paisaxística), neotrobadorismo (lírica medieval).
- Vertiente rupturista: Creacionismo.
Tendències Vanguardistes
- Vangarda rupturista:
- Manuel Antonio: movemento creacionista que pretende captar a esencia da realidade e interpretarla desde a óptica persoal do poeta, incorporando características expresivas propias doutras correntes de vangarda (De catro a catro, 1928).
- Álvaro Cunqueiro: Obra próxima ao surrealismo, metáforas irracionais e un marcado gusto pola inspiración onírica (Mar ao norde, 1932).
Vangarda non rupturista:
- NEOTROBADORISMO.
- Álvaro Cunqueiro: Máis renovador respecto ás temáticas e formas medievales, presente nas súas obras un tratamento moi na liña dos movementos vangardistas (Cantiga nova que se chama ribeira, 1933).
- F. Bouza Brey: Máis tradicional na repetición dos esquemas formais da poesía trobadoresca (Nao senlleira, 1933).
- Hilozoísmo: Amado Carballo (O galo, 1928).
Prosa das Vangardas
PROSA DAS VANGARDAS:
RAFAEL DIESTE: Mellor prosista desta xeración que preferiu a poesía. OBRA: Dos arquivos do trasno. Conxunto de relatos onde se transmite, a través de diversos personaxes, o carácter do home galego (bondadoso, orgulloso, sinxelo...). Presenza do mundo real e do imaxinario ou marabilloso (mouros, Santa Compaña...). Precursora do realismo máxico.
VICENTE RISCO: Formación intelectual. Interese na tradición etnográfica galega, nas novidades estéticas do seu tempo, e no coñecemento e divulgación das culturas alleas e o esoterismo.
- Etapas da súa evolución ideolóxica e literaria:
- a) Pregaleguista: Previa ao ingreso nas Irmandades: dirixe La Centuria. Actitude cosmopolita e individualista.
- b) Galeguista: É un dos principais teóricos do nacionalismo e desenvolve un intenso labor literario e político.
- c) Nacional-catolicista: Afástase do galeguismo e retoma a súa actitude individualista do inicio.
- OBRA: Narrativa (O lobo da xente), Ensaio (Teoría do nacionalismo galego), Teatro (O bufón de El-Rei).
OTERO PEDRAYO: Cultivou todos os xéneros e destacou polo seu saber enciclopédico e a súa oratoria privilexiada. É especialmente importante a súa obra narrativa, con títulos como Os camiños da vida e Arredor de si. Membro das Irmandades, do SEG e do PG. Posteriormente participará na fundación da editorial Galaxia.
- OBRA: Relato breve (Pantelas), Poesía (Bocarribeira), Teatro (A lagarada), Novelas (Os camiños da vida), Ensaio (Polos vieiros da saudade).