Glosario de Termos Demográficos e Urbanísticos en Galego

Castellà2,64 KB

Área metropolitana: Conxunto supramunicipal con recoñecemento administrativo para a coordinación de servizos e obras.

Área suburbana: Periferia urbana definida por criterios de densidade e de coexistencia de modos de vida rurais e urbanos.

Censo de poboación: Recontos individualizados do número de individuos que compoñen unha poboación nun momento censal dado e das súas principais características.

Cualificación do solo: Instrumento do planeamento urbanístico. Comprende os usos (residencial, económico...) e a intensidade e tipoloxía edificatoria.

Esperanza de vida: Expectativa media de vida das persoas ao nacer, nun territorio determinado e nun ano determinado.

Movementos antiglobalización: Corrente de contestación contraria á perda de control político e social nun sistema globalizado de decisións.

Obxectivos do Milenio: Declaración do 2000, asinada polos xefes de estado e de goberno da ONU, de compromisos concretos que deberán mellorar o destino da humanidade no 2015.

Padrón municipal: Fonte de estatística demográfica que recolle a relación da poboación dun municipio con algunhas das súas características (ver Censo).

Plano Xeral de Ordenación Urbana (PXOU): Instrumento xurídico-administrativo de ordenación integral do territorio a través da clasificación do solo.

Poboación activa: Poboación en idade de traballar. Diferénciase entre poboación ocupada e en paro, e entre desocupados e activos sen labores remuneradas.

Réxime demográfico: Etapa da dinámica natural dunha poboación na que a natalidade e a mortalidade amosan características homoxéneas.

Saldo migratorio: A suma do saldo migratorio (= diferenza entre inmigración e emigración) e do crecemento natural chámase crecemento real.

Taxa de fecundidade: Indicador demográfico que relaciona o número de nados vivos nun ano e as mulleres en idade fértil (15-49), expresada en tantos por mil.

Transición demográfica: Etapa de transición entre o réxime demográfico antigo e o moderno, caracterizada por un crecemento explosivo da poboación.

Unidade Veciñal de Absorción (UVA): Intervención do I.N.V. durante o desenvolvemento para combater o fenómeno do chabolismo.

Xentrificación: Transformación estrutural dun antigo barrio degradado e de clase social baixa cando pasa a ser de clase media-alta.

Descarregar

PDF Word HTML