A Literatura Galega e a Nova Narrativa: Autores e Obras Clave
A Traxectoria e a Obra Literaria
A adolescencia no mundo rural que recreará nas súas obras. En 1949 emigra á Arxentina, alí participa en centros de emigración galega e é un dos fundadores de Mocidades Galeguistas e, xunto coa súa muller, funda a editorial Follas Novas.
En 1961 móvese a Cuba, onde traballa na administración, remata os estudos de Filosofía e Letras e participa no mundo cultural. Volve a Galicia en 1992 e instálase na súa aldea natal, onde fina no 2015. É autor dunha ampla obra na que se inclúen narrativa, poesía e ensaio.
As súas obras narrativas divídense desde dous puntos de vista:
- Segundo o espazo no que se sitúan as historias (Galicia, América).
- Segundo o protagonista (infantil, adulto).
A súa obra ten dous temas principais:
- A Galicia rural da posguerra: dominada pola miseria, opresión, prexuízos e poder político e relixioso (Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, A muller de ferro, Querido Tomás).
- A Galicia emigrante: a dos emigrantes galegos en América con problemas para adaptarse, o illamento e a saudade da terra (Camino bretemoso, Historias de emigrantes).
Tamén é un dos primeiros autores de literatura infantil e escribiu varios libros como investigador.
A Nova Narrativa Galega
É un grupo de escritores e escritoras que publicaron as súas obras a finais dos 50 e na década dos 60, que mediante a introdución de novas temáticas e técnicas renovan e revitalizan o xénero narrativo. Son escritores novos que intentan superar os modelos literarios existentes e inspíranse en narradores americanos e europeos.
Principais novidades das súas obras
- Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos, desequilibrados...
- O mundo do subconsciente (traumas, pesadelos).
- Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
- Ruptura da linearidade temporal do argumento, con constantes avances e retrocesos no tempo.
- Pluralidade de voces narrativas.
- Predominio do monólogo interior.
- Técnica do ollo cinematográfico.
(Xosé Luis Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán)
Xosé Luis Méndez Ferrín
Estudou en Santiago e en Madrid, foi un dos fundadores da UPG en 1965 xunto con Celso Emilio. Desenvolveu unha intensa actividade política e participou na creación de partidos nacionalistas (Galicia Ceibe, Fronte Popular Galega).
A súa obra narrativa inclúe contos e novelas, e divídese en tres etapas:
- Nova Narrativa Galega: antihéroes que se moven en ambientes sórdidos, apreciase a influencia da literatura europea e