Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras

Castellà4,96 KB

A Nova Narrativa Galega é un movemento de renovación radical técnica e temática da prosa literaria que se inicia a mediados dos anos 50.

As obras de Gonzalo Rodríguez Mourullo, Memorias de Tains e Nase unha árbore, son as iniciadoras do movemento. O ciclo da NNG cerraríase para algúns no 1972 con Adiós, María de Xohana Torres, e para outros prolóngase ata 1980 con Cara a Times Square de Camilo Gonsar.

Características da Nova Narrativa Galega

  • Desaparece a trama argumental lóxica: mestura entre o mundo ficticio e onírico.
  • Ruptura da linealidade na narración: emprega técnicas da montaxe cinematográfica coa finalidade de alterar a sucesión natural dos acontecementos.
  • Perda do suxeito narrativo: multiplicidade de voces narrativas con emprego de monólogo interior e técnica epistolar.
  • Protagonismo de espazos urbanos: imprecisa localización do mundo narrativo, con predominio de espazos de interior.
  • Concepción obxectalista: o ser é visto como unha cousa entre un conxunto de cousas, esváese o concepto de personaxe coherente tradicional, a forma de ser coñécese polos obxectos.
  • Reiteración das situacións violentas: ambientadas nunha agresividade xeral que condiciona o desenvolvemento das relacións humanas.
  • Busca de lectores activos: lectores ávidos.
  • Símbolo (a ventá): aparece unha ventá en ocasións, chamada moitas veces xanela, referida á vida nas casoupas (símbolo de pobreza).
  • Técnicas narrativas: obxectalismo, técnicas de cámara cinematográfica, a voz descriu a acción coa frialdade dunha cámara, a personaxe coñécese polos seus feitos e movementos.

Autores Principais e Obras

Gonzalo R. Mourullo

GONZALO R. MOURULLO: Memorias de Tains. Caracterizado pola superposición de planos (real e imaxinario) e introspección do subconsciente. O simbolismo, o subxectivismo e mais o discurso metaliterario configuran outros tantos trazos presentes no labor de Mourullo.

Méndez Ferrín

MÉNDEZ FERRÍN: Na estética da NNG atópanse os libros de relatos Percival e outras historias e O crepúsculo e as formigas, nos que aparece temática de misterio, medo e terror. Utiliza topónimos e antropónimos con resoancias nórdicas ou orientais.

Na novela destaca Arrabaldo do norte, seguindo a técnica obxectivista e con descricións detalladas.

Con Retorno a Tagen Ata nace unha mitoloxía persoal. Revolución da ilusión nacionalista que ás veces se recupera pola xente nova, e ten unha versión teatral con moito éxito. Presenta elementos como experimentalismo ou resoancias kafkianas.

Recreación innovadora dos mitos bretóns e arturicos, iníciase co libro Amor de Artur, onde aparecen o soño, o amor e a esperanza.

Narracións realistas en Crónica de Nôs, onde aborda a Galicia histórica e contemporánea. O ventre en silencio é un retrato social e ideolóxico da Compostela dos anos 50, unha época dominada polo nacionalcatolicismo franquista.

Carlos Casares

CARLOS CASARES: publica Vento ferido, de ambientación infantil, e Cambio en tres. Ambos situados entre a narración realista clásica e o moderno. Conta cun narrador protagonista e tende a non deixar os moldes do realismo (prohibiu a reedición destas obras).

Camilo Gonsar

CAMILO GONSAR: é coñecido como renovador (ralentiza o tempo) en obras como Como calquera outro día. Ambientada en Nova York, asistimos a unha novela con discurso ambiguo, alucinado e con realismo obxectalista, con diálogos narrativos e descricións da realidade inmediata.

Xohana Torres

XOHANA TORRES: escribe Adiós, María, onde reflicte as tensións entre o espazo rural e o urbano.

María Xosé Queizán

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: publica A orella no buraco, novela obxectalista que reflicte tres momentos da vida dun emigrante fracasado. Tres espazos distintos cun punto de vista común: un banco nun praza. Xoga co tempo (ralentízao), e destacan as personaxes anónimas que deambulan.

Neira Vilas

NEIRA VILAS: Remuíño de sombras: técnicas renovadoras, con características da NNG.

Memorias dun neno labrego: ao que se lle engaden Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho, nos que o autor amosa a opresión social, económica e cultural da Galicia campesiña daquel tempo.

Descarregar

PDF Word HTML