A ética formal de Kant: O deber e a razón práctica
1. O formalismo moral
Tras estudar o problema do coñecemento, Kant analiza, na Crítica da razón práctica, o uso práctico da razón. Pretende dar resposta á pregunta: Que debemos facer? Recordamos que a razón ten un «uso teórico» cando se ocupa de como é o coñecemento, e un «uso práctico» cando se ocupa de como debe ser a conduta humana (tal é a distinción entre «razón pura», que formula xuízos, e «razón práctica», que formula imperativos).
Kant observa as teorías éticas do pasado e conclúe que teñen un denominador común: son éticas materiais. Consideran que a acción, a conduta humana, debe someterse a un determinado obxecto para ser considerada boa. Nuns casos ese obxecto é o ben, a felicidade ou o pracer, etc....