A política económica e exterior da Italia fascista (1929-1936)
Ese cambio na política económica vaise ver incentivado e agudizado tamén pola modificación da situación internacional, moi concretamente polo impacto de dous feitos:
- O impacto da crise económica de 1929.
- A política expansionista de Italia, vinculada sobre todo á conquista de Etiopía.
Consecuencias da crise económica de 1929 en Italia
Os efectos da crise económica nótanse a partir de comezos dos anos 30, provocando:
- Descenso das exportacións.
- Aumento do desemprego.
- Crises financeiras.
- Inflación (ata tal punto que Mussolini se ve obrigado a devaluar a moeda nun 40%, unha devaluación monetaria que sempre se negara a acometer).
O camiño cara á autarquía e a intervención estatal
Esta crise económica do 29 vai intensificar esa liña económica
...