Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras
A Nova Narrativa Galega é un movemento de renovación radical técnica e temática da prosa literaria que se inicia a mediados dos anos 50.
As obras de Gonzalo Rodríguez Mourullo, Memorias de Tains e Nase unha árbore, son as iniciadoras do movemento. O ciclo da NNG cerraríase para algúns no 1972 con Adiós, María de Xohana Torres, e para outros prolóngase ata 1980 con Cara a Times Square de Camilo Gonsar.
Características da Nova Narrativa Galega
- Desaparece a trama argumental lóxica: mestura entre o mundo ficticio e onírico.
- Ruptura da linealidade na narración: emprega técnicas da montaxe cinematográfica coa finalidade de alterar a sucesión natural dos acontecementos.
- Perda do suxeito narrativo: multiplicidade de voces narrativas con