Glosario de Termos Demográficos e Urbanísticos en Galego
Área metropolitana: Conxunto supramunicipal con recoñecemento administrativo para a coordinación de servizos e obras.
Área suburbana: Periferia urbana definida por criterios de densidade e de coexistencia de modos de vida rurais e urbanos.
Censo de poboación: Recontos individualizados do número de individuos que compoñen unha poboación nun momento censal dado e das súas principais características.
Cualificación do solo: Instrumento do planeamento urbanístico. Comprende os usos (residencial, económico...) e a intensidade e tipoloxía edificatoria.
Esperanza de vida: Expectativa media de vida das persoas ao nacer, nun territorio determinado e nun ano determinado.
Movementos antiglobalización: Corrente de contestación contraria á perda...