O Reinado de Afonso XIII: Crise e Fin da Restauración
Reinado de Afonso XIII (1902-1931)
Cronoloxía e etapas fundamentais:
- 1902-1923: Monarquía constitucional.
- 1923-1930: Ditadura de Primo de Rivera.
- 1930-1931: Auxe do republicanismo.
Inicios do reinado e propostas de reforma (1902-1916)
Existiu unha forte inclinación do rei a intervir nos asuntos políticos. Durante o reinado produciuse a progresiva desarticulación do sistema canovista debido aos seguintes factores:
- Excesivas intervencións do monarca.
- Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos.
- Crecente papel do exército na vida política en defensa dos seus intereses e desde posturas cada vez máis conservadoras (Lei de xurisdicións: o poder militar impúxose ao poder civil, de modo que os delitos de opinión e obra contra a unidade