Narrativa galega entre 1900 i 1925: autors i tendències
A narrativa galega entre 1900 e 1925
No primeiro terzo do século XX coexisten autores que seguen os patróns herdados do século XIX e outros que foron introducindo novidades na nosa literatura. Cabe sinalar que os progresos da prensa e a creación do Seminario de Estudos Galegos facilitaron o acceso do galego aos textos ensaísticos e científicos, propiciando grandes avances na prosa.
Como sinalabamos, un grupo de autores seguiu a tradición, e as súas obras presentan unha temática costumista, de apoloxía da vida rural e de valoración do folclórico e da tradición. Entre estes autores atopamos a Francisca Herrero, membro da RAG e autora de novelas como Néveda, nas que tratou temáticas como a submisión da muller ou a idealización do...