Antecedentes presocráticos: da orixe do lógos ao concepto de physis
Antecedentes presocráticos: a orixe da filosofía
A aparición da filosofía pode fecharse historicamente. Foi en Xonia, na cidade de Mileto no século VI a.C. (final da época arcaica), cando xurdiron os primeiros pensadores que, renunciando a contentarse coa explicación mítica, preguntáronse polo principio e fundamento do universo, dando unha resposta distinta e deixando de lado os deuses e os relatos tradicionais. Trataron de atopar mediante o razoamento (lógos) un primeiro principio explicativo e fundamento (arché) da natureza (physis) que dese conta da realidade material, da causa do movemento e da multiplicidade dos seres, sen recorrer aos mitos.
Este conxunto de cosmólogos, que vivían nas colonias de Asia Menor e na Magna Grecia...